Podes acceder ás publicacións a través dos seguintes enlaces:
- Resolución do 26 de abril de 2021 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo superior de Administración xeral e corpo facultativo superior de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo I, do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.
- Resolución do 26 de abril de 2021 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo de xestión da Administración xeral e corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo II do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.
- Resolución do 26 de abril de 2021 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo administrativo de Administración xeral, subgrupo C1, e do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo III, do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.
SOLICITUDES.
- O persoal laboral fixo que desexe participar no proceso deberán facelo constar no modelo de solicitude que será facilitado gratuitamente na internet.
- O prazo para formalizar telematicamente as solicitudes será de 20 días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.