Sectores

Funcionarización: Orde reguladora procedemento para nomeamento procesos de 15/12/2023: Corpo Superior da Admon Xeral A1, Escala Auxiliar Coidadores C2 e Escala de Auxiliares de Clínica C2

Publicase hoxe en DOG a Orde que regula o procedemento para o nomeamento como persoal funcionario de carreira do persoal laboral fixo de determinadas categorías profesionais que superou os procesos de funcionarización convocados polas resolucións do 15 de decembro de2023.

Prazos:

  • Para a formalización do acordo de conformidade de cambio do vínculo xurídico:

o A partir da publicación desta orde no DOG, o persoal laboral fixo incluído no anexo II deberá asinar un acordo de extinción do contrato de traballo (artigo 7,2 D165/2019).

  • A extinción estará condicionada á efectiva toma de posesión como persoal funcionario de carreira.
  • Para o cambio do vínculo xurídico coa Administración:

o A toma de posesión como persoal funcionario de carreira, que implicará o cambio do vínculo xurídico coa Administración, será o 1 de decembro de 2025.

  • Cómputo dos prazos en caso de permisos, licenzas ou incapacidade temporal e incapacidade permanente con reserva de posto:

o No caso de vacacións, permisos ou licenzas, o prazo para a sinatura do acordo de extinción comezará a contar desde a súa finalización; o día da toma de posesión será o seguinte hábil ao da sinatura do dito acordo.

  • Nos supostos de incapacidade temporal ou incapacidade permanente con reserva de posto, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta ou reincorporación.
  • Quedan exceptuada sdo disposto no parágrafo anterior as situacións derivadas da maternidade ou paternidade.

Efectos do incumprimento dos prazos:

  • Agás as causas de forza maior debidamente acreditadas e apreciadas pola DXEPAP, implicará que a persoa interesada desiste voluntariamente da súa funcionarización e, polo tanto, non se producirá o cambio do seu vínculo xurídico, e manterá a súa condición de persoal laboral fixo e todos os dereitos inherentes á dita condición.

Excedencias:

  • O/a traballador/a conservará a situación administrativa que teña recoñecida noutras categorías laborais antes da adquisición da súa condición de persoal funcionario de carreira.

Trienios:

  • O persoal que se funcionarice seguirá percibindo en concepto de antigüidade a mesma cantidade que estaba percibindo como laboral fixo nun concepto na nómina á marxe do complemento de funcionarización-persoal.
  • Percibiranse os trienios recoñecidos valorados na contía que corresponda ao corpo, subgrupo, escala ou especialidade do posto equivalente.
  • O primeiro trienio que se perfeccione como funcionario non terá unha contía inferior ao que se percibiría como laboral.

Complemento de funcionarización:

  • Consolidación do grao persoal: A diferenza de retribucións entre a condición de persoal funcionario e laboral farase efectiva mensualmente mediante un complemento persoal de funcionarización, dividirase en dúas epígrafes: Letra a) funcionarización-persoal e Letra b) funcionarización-antigüidade.
  • Realizarase de conformidade co disposto na LEPG, e no Decreto 93/1991, do Regulamento de provisión de postos, promoción profesional e promoción interna.

Persoal en adscrición temporal:

  • O persoal que no momento da toma de posesión se atope en adscrición temporal poderá continuar prestando servizos nese mesmo posto mediante unha comisión de servizos, sempre que o posto da adscrición temporal tamén sexa obxecto de transformaciónen posto de persoal funcionario.
  • Compatibilidades: Para tal efecto, a correspondente adscrición temporal transformarase en comisión de servizos sempre que a persoa interesada cumpra os requisitos para o seu desempeño, consonte o establecido no artigo 96 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
  • As persoas que teñan autorizada ou recoñecida a compatibilidade para o desempeño doutra actividade dispoñen dun prazo máximo de dez días hábiles contado desde o seguinte ao da toma de posesión para solicitar a compatibilidade conforme a nova condición, entendéndose prorrogada a compatibilidade mentres se dita a nova resolución. Todas as autorizacións ou recoñecementos de compatibilidade realizados con anterioridade á modificación do vínculo xurídico quedan automaticamente sen efecto.

Mantemento das interinidades:

  • Cando o persoal laboral fixo que, estando en excedencia forzosa, excedencia por coidado de fillo e familiares ou con permiso sindical a tempo completo, tome posesión como persoal funcionario de carreira, a persoa substituta continuará desenvolvendo o posto de traballo nas mesmas condicións e circunstancias malia o cambio na correspondente relación de postos de traballo do tipo de posto.
  • Reducións de xornada:
  • O persoal laboral fixo que, no momento de producirse o cambio de vínculo xurídico, tivese concedida unha redución de xornada, poderá continuar coa mesma redución que tiña concedida unha vez que se formalice o cambio.