Sectores

Funcionarización: Orde reguladora procedemento para nomeamento procesos: 15/12/2023

Publicase hoxe en DOG a Orde que regula o procedemento para o nomeamento como persoal funcionario de carreira do persoal laboral fixo de determinadas categorías profesionais que superou os procesos de funcionarización convocados polas resolucións do 15 de decembro de 2023.

  • Corpo superior da Administración xeral, subgrupo A1.
    • Categoría 04 (titulado/a superior) e categoría 27 (coordinador/a de actividades externas), do grupo I.
  • Corpo facultativo superior de Administración especial, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos, subgrupo A1.
    • Categoría 04 (titulado/a superior) do grupo I.
  • Corpo facultativo superior de Administración especial, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría industrial, subgrupo A1.
    • Categoría 04 (titulado/a superior) do grupo I.
  • Corpo facultativo superior de Administración especial, escala de facultativos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, subgrupo A1.
    • Categoría 17 (bibliotecario/a) do grupo I.
  • Corpo facultativo superior de Administración especial, escala de facultativos, especialidade de medicina, subgrupo A1.
    • Categoría 02 (titulado/a superior médico/a…) do grupo I.
  • Corpo de xestión da Administración xeral, subgrupo A2
    • Categoría 07 (titulado/a grao medio) e categoría 1 (director/a administrador/a..) do grupo II.
  • Corpo facultativo de grao medio de Administración especial, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, subgrupo A2.
    • Categoría 07 (titulado/a grao medio) do grupo II.
  • Corpo de xestión de Administración xeral, escala de xestión de sistemas de informática, subgrupo A2.
    • Categoría 27 (técnico/a superior diplomado/a en informática…) do grupo II.
  • Corpo facultativo de grao medio de Administración especial, escala técnicos facultativos, especialidade de enfermaría, subgrupo A2.
    • Categoría 02 (ATS, enfermeiro/a…) do grupo II.
  • Corpo facultativo de grao medio de Administración especial, escala técnicos facultativos, especialidade de educador social, subgrupo A2.
    • Categoría 06 (educador/a…) do grupo II.
  • Corpo facultativo de grao medio de Administración especial, escala técnicos facultativos, especialidade traballo social, subgrupo A2.
    • Categoría 17 (asistente/a social) do grupo II.
  • Corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, escala técnica de delineantes, grupo B.
    • Categoría 29 (delineante de 1ª) do grupo III.
  • Corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade bombeiro/a forestal xefe/a de brigada, grupo B.
    • Categoría 100 (bombeiro/a forestal xefe/a brigada) do grupo III.
  • Corpo administrativo de Administración xeral, subgrupo C1.
    • Categoría 02 (encargado/a administrativo…), categoría 32 (encargado/a reprografía), categoría 48 (axudante/a auxiliar de inspección tributaria), categoría 62 (oficial/a administrativo/a…) e categoría 69 (oficial/a servizos técnicos…) do grupo III.
  • Corpo administrativo de Administración xeral, escala técnica de informática, subgrupo C1.
    • Categoría 30 (programador/a) e categoría 91 (técnico/a especialista en informática…) do grupo III.
  • Corpo administrativo de Administración xeral, escala de axentes de inspección, especialidade de mobilidade, subgrupo C1.
    • Categoría 49 (axente auxiliar de inspección de transportes) do grupo III.
  • Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial, escala técnica operativa do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade bombeiro/a forestal encargado/a de brigada, subgrupo C1.
    • Categoría 100 (bombeiro/a forestal xefe/a brigada) do grupo III.
  • Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial, escala técnica de gobernantes/as, especialidade gobernante/a, subgrupo C1.
    • Categoría 04 (gobernante/a…) do grupo III.
  • Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial, escala técnica de mantemento de servizos, subgrupo C1.
    • Categoría 06 (xefe/a de servizos técnicos…) do grupo III.
  • Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial, escala técnica de recursos naturais e forestais, subgrupo C1.
    • Categoría 11 (encargado/a agrario/a), categoría 68 (oficial/a 1ª agrario/a…) e categoría 80 (capataz de establecemento) do grupo III.
  • Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial, escala técnica de análises de laboratorio, subgrupo C1.
    • Categoría 17 (analista de laboratorio) do grupo III.
  • Corpo auxiliar de Administración xeral, subgrupo C2.
    • Categoría 1 (auxiliar de gravación…), categoría 20 (conserxe…), categoría 22 (oficial 2ª reprografía) e categoría 32 (operador/a codificador/a de datos de defensa contra incendios forestais) do grupo IV.
  • Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2.
    • Categoría 3 (auxiliar sanitario…) do grupo IV.
  • Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, escala auxiliar de cociña, subgrupo C2.
    • Categoría 5 (oficial/a 2ª cociña…) do grupo IV.
  • Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, escala auxiliar de recursos naturais e forestais, subgrupo C2.
    • Categoría 09 (oficial/a de 2ª agrario) do grupo IV.
  • Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, escala auxiliar de do Servizo de Prevención de Defensa contra Incendios Forestais, especialidade bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba, subgrupo C2.
    • Categoría 33 (bombeiro/a forestal condutor/a motobomba) do grupo IV.
  • Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, escala de gardas de recursos naturais e forestais subgrupo C2.
    • Categoría 09 (celador/a 2ª…) do grupo V.
  • Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, escala auxiliar de do Servizo de Prevención de Defensa contra Incendios Forestais, especialidade bombeiro/a forestal, subgrupo C2.
    • Categoría 14 (bombeiro/a forestal) e categoría 14A (bombeiro/a forestal condutor/a) do grupo V.
  • Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, escala auxiliar de do Servizo de Prevención de Defensa contra Incendios Forestais, especialidade emisorista/vixilante fixo/a, subgrupo C2.
    • Categoría 10B (vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais) e categoría 10C (emisorista de defensa contra incendios forestais) do grupo V.
  • Agrupación profesional de persoal funcionario de Administración xeral, escala de persoal subalterno.
    • Categoría 03 (ordenanza…) e categoría 10E (vixilante de arquivos, bibliotecas e museos) do grupo V.
  • Agrupación profesional de persoal funcionario de Administración xeral, escala de persoal de mantemento.
    • Categoría 02 (axudante/a traballos ou oficios…) e categoría 12 (peón/oa laborante…) do grupo V.
  • Agrupación profesional de persoal funcionario de Administración xeral, escala de persoal de limpeza e cociña e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de limpeza e cociña
    • Categoría 1 (camareiro/a limpador/a…) e categoría 11 (limpador-fregador) do grupo V.
  • Agrupación profesional de persoal funcionario de Administración xeral, escala de persoal de limpeza e cociña e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de recursos naturais e forestais.
    • Categoría 08 (peón/oa agrario) e categoría 10F (peón/oa forestal) do grupo V

Prazos:

  • Para a formalización do acordo de conformidade de cambio do vínculo xurídico:
    • A partir da publicación desta orde no DOG, o persoal laboral fixo incluído no anexo II deberá asinar un acordo de extinción do contrato de traballo.
    • Os efectos administrativos da sinatura deste acordo de extinción serán do 30/09/2024.
    • A extinción estará condicionada á efectiva toma de posesión como persoal funcionario de carreira.
  • Para o cambio do vínculo xurídico coa Administración:
    • A toma de posesión como persoal funcionario de carreira, que implicará o cambio do vínculo xurídico coa Administración, será o 1 de outubro de 2024.
  • Cómputo dos prazos en caso de permisos, licenzas ou incapacidade temporal e incapacidade permanente con reserva de posto:
    • No caso de vacacións, permisos ou licenzas, o prazo para a sinatura do acordo de extinción comezará a contar desde a súa finalización; o día da toma de posesión será o seguinte hábil ao da sinatura do dito acordo.
    • Nos supostos de incapacidade temporal ou incapacidade permanente con reserva de posto, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta ou reincorporación.
    • Quedan exceptuadas do disposto no parágrafo anterior as situacións derivadas da maternidade ou paternidade.

Efectos do incumprimento dos prazos:

  • Agás as causas de forza maior debidamente acreditadas e apreciadas pola Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, implicará que a persoa interesada desiste voluntariamente da súa funcionarización e, polo tanto, non se producirá o cambio do seu vínculo xurídico, e manterá a súa condición de persoal laboral fixo e todos os dereitos inherentes á dita condición.

Excedencias:

  • O/a traballador/a conservará a situación administrativa que teña recoñecida noutras categorías laborais antes da adquisición da súa condición de persoal funcionario de carreira.

Trienios:

  • O persoal que se funcionarice seguirá percibindo en concepto de antigüidade a mesma cantidade que estaba percibindo como laboral fixo nun concepto na nómina á marxe do complemento de funcionarización-persoal.
  • O primeiro trienio que se perfeccione como funcionario non terá unha contía inferior ao que se percibiría como laboral.

Complemento de funcionarización:

  • A diferenza de retribucións entre a condición de persoal funcionario e laboral farase efectiva mensualmente mediante un complemento persoal de funcionarización, dividirase en dúas epígrafes: Letra a) funcionarización-persoal e Letra b) funcionarización-antigüidade.

Consolidación do grao persoal:

  • Realizarase de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do emprego público de Galicia, e no Decreto 93/1991, do Regulamento de provisión de postos.

Persoal en adscrición temporal:

  • O persoal que no momento da toma de posesión se atope en adscrición temporal poderá continuar prestando servizos nese mesmo posto mediante unha comisión de servizos, sempre que o posto da adscrición temporal tamén sexa obxecto de transformación en posto de persoal funcionario.
  • Para tal efecto, a correspondente adscrición temporal transformarase en comisión de servizos sempre que a persoa interesada cumpra os requisitos para o seu desempeño, consonte o establecido no artigo 96 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Compatibilidades:

  • As persoas que teñan autorizada ou recoñecida a compatibilidade para o desempeño doutra actividade dispoñen dun prazo máximo de dez días hábiles contado desde o seguinte ao da toma de posesión para solicitar a compatibilidade conforme a nova condición, entendéndose prorrogada a compatibilidade mentres se dita a nova resolución. Todas as autorizacións ou recoñecementos de compatibilidade realizados con anterioridade á modificación do vínculo xurídico quedan automaticamente sen efecto.

Mantemento das interinidades:

  • Cando o persoal laboral fixo que, estando en excedencia forzosa, excedencia por coidado de fillo e familiares ou con permiso sindical a tempo completo, tome posesión como persoal funcionario de carreira, a persoa substituta continuará desenvolvendo o posto de traballo nas mesmas condicións e circunstancias malia o cambio na correspondente relación de postos de traballo do tipo de posto.

Reducións de xornada:

O persoal laboral fixo que, no momento de producirse o cambio de vínculo xurídico, tivese concedida unha redución de xornada, poderá continuar coa mesma redución que tiña concedida unha vez que se formalice o cambio.

Funcionarización provisional no subgrupo C1:

Mentres non se produza o desenvolvemento regulamentario das diferentes escalas do grupo B, a funcionarización do persoal proposto para adquirir esa condición no dito grupo producirase no subgrupo C1.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.