Sectores

Funcionarización: Publicación da Orde reguladora do procedemento de nomeamento como persoal funcionario


Publicase hoxe en DOG a Orde que regula o procedemento para o nomeamento como persoal funcionario de carreira do persoal laboral fixo de determinadas categorías profesionais que superou os procesos de funcionarización convocados polas resolucións 26 de abril de 2021 e 12 de maio de 2021.

A orde que regula varios aspectos derivados do cambio do vínculo xurídico coa Administración.

As categorías profesionais ligadas a estes centros de Política Social serán obxecto dunha orde posterior.

As Xefaturas Territoriais recibirán os documentos de acordo de extinción do contrato de traballo como persoal laboral fixo derivado da adquisición da condición de persoal funcionario de carreira logo da superación dos procesos de funcionarización, de Administración Xeral. A data de sinatura deste Acordo de extinción será o 30 de xuño

A extinción do contrato está condicionada á toma de posesión como persoal funcionario, esta implicará o cambio do vínculo xurídico que será o día 1 de xullo de 2022.

  • Suposto de vacacións, permisos ou licenzas:
    • O prazo para a sinatura do acordo de extinción comezará a contar desde a súa finalización.
    • O día da toma de posesión será o día seguinte hábil ao da sinatura do dito acordo.
  • Suposto de incapacidade temporal ou incapacidade permanente con reserva de posto:
    • O cómputo do prazo iniciarase a partir da corresponden incorporación.
  • Para os prazos anteriores, exceptúanse as situacións derivadas de maternidade ou paternidade

O persoal conservará as excedencias noutras categorías profesionais.

As persoas que se inclúen no Anexo II recibiredes chamada e/ou correo electrónico para realizar o trámite.

Se non te chamaron ou non tes información sobre isto, ponte en contacto coa túa Habilitación de Persoal, ou co teu delegado/a de UGT.

 

UGT Informa-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.