Sectores

Funcionarización escalas do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais


 

Publicados hoxe en DOG os Acordos das comisións de funcionarización das seguintes escalas:

 

 

IMPORTANTE

  • As persoas aspirantes deberán ir provistas de:
    • DNI ou doutro documento fidedigno que, a xuízo da comisión, acredite a súa identidade.
    • Bolígrafo de cor azul ou negra.
  • Uso de textos legais sen comentarios:
    • As persoas aspirantes poderán servirse de textos legais sen comentarios.
    • Admitiranse as súas versións consolidadas, aquelas nas cales figuren notas de vixencia e/ou referencias cruzadas a outras normas e os subliñados simples.
    • Non se poderá acudir á realización da proba con reproducións da batería de preguntas publicada na páxina web de Función Pública. Se as persoas aspirantes acudisen á proba con este material ou con outro non autorizado polas bases ou pola comisión, seralles retirado antes ou durante a súa realización. No suposto de que algunha persoa aspirante fixese uso do material descrito durante a realización da proba, a comisión poderá decidir a súa inmediata expulsión.
  • Será obrigatorio o uso da máscara durante toda a realización da proba, agás cando se trate de persoas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que se poida ver agravada polo seu uso, neste caso deberán achegar á DX da Función Pública a correspondente xustificación no prazo de 5 días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no DOG, de non facelo, non se permitirá o acceso sen a máscara.
  • Non se permitirá o acceso á aula en que se realice a proba con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización dela, nin se habilitará ningún servizo de recollida dos devanditos dispositivos.

 

 

Acordo_tribunais_convocatoria_probas_C2_C1_B_29_10_21.pdf

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.