Publicadas hoxe as resolucións da comisión de funcionarización seguintes dos procesos para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira:
As resolucións conteñen:
- A elevación a definitivas das cualificacións obtidas polas persoas aspirantes na proba tipo test feitas públicas pola Resolución do 21 de abril de 2022 (DOG núm. 84, do 2 de maio).
- A publicación da baremación provisional do concurso de méritos no portal web da Xunta de Galicia, ao que podes acceder a través do seguinte enderezo:
https://www.xunta.gal/funcion-publica/funcionarizacion
- A cualificación do concurso de méritos, que será de apto ou non apto e para superalo será necesario acadar unha puntuación mínima de 6 puntos entre todas as epígrafes puntuables do baremo.
- Contra a baremación provisional poderase presentar reclamación ante a propia comisión de funcionarización no prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no DOG.