Na documentación entregada na mesa previa estímase que 7 postos da Residencia de Maiores de Ferrol levarán unha observación ao respecto de que pasarán a nivel 12 cando sexan vacantes. Acéptase tamén a alegación de 2 postos na residencia dos Milagres de Ourense que pasan de Nivel 11 ao 12. Como cuestión fundamental para UGT, desaparecen os niveis 9 pasando todos a nivel 10.
Ao respecto da unificación de listas destas categorías, DXFP explica que dentro duns días sairá publicada a apertura de prazo para inscrición do persoal que está nas listas actuais nestas categorías. Nas novas listas de persoal funcionario de cociña e limpeza teranse en conta os méritos de servizos previos que teñen. A inscrición é exclusivamente para as persoas que forman parte xa das listas actuais que se va a unificar, sen cobrar taxa e con posibilidade de elección de ámbitos. A partir de dita unificación os chamamentos para postos funcionariais ou laborais serán por esa novas listas.
UGT: a favor CIG: en contra CCOO: a favor CSIF: abstención
AS RAZÓNS DO SENTIDO DO VOTO DE UGT:
-
Non hai NINGÚN complementos de funcionarización.
-
Evidénciase un INCREMENTO de salario neto en todas as categorías.
-
Prodúcese unha HOMOXENIZACIÓN de postos con igual tipoloxía de centros e réxime de prestación de servizos, aceptáronse as alegacións a códigos de postos de traballo con igual tipoloxía de centro, categoría e réxime de prestación de servizos, APLICANDO O MESMO CRITERIO E TRATAMENTO que na primeira funcionarización de persoal laboral do grupo I o grupo IV e parte do grupo V.
-
Acéptase a alegación de UGT, FUNDAMENTAL, que arrastramos dende o 26 novembro de 2022: PASAR TODOS OS POSTOS DE NIVEL 9 A NIVEL 10, e evitar unha minusvaloración discriminatoria dos postos de traballo feminizados de cociña e limpeza, en relación cos niveis mínimos do grupo V . Coa proposta de nivel 9 o incremento era de 233 euros ano, CON NIVEL 10, INCREMENTO DE 900 EUROS.
-
E, por último, demandamos a INCLUSIÓN DESTAS ESCALAS DE COCIÑA E LIMPEZA, no ámbito de aplicación do ACORDO DA COMISIÓN DE PERSOAL DO PASADO 26/06/21 PARA Á REVISIÓN DA CLASIFICACIÓN ACTUAL DE CENTROS debe actualizarse en atención á evolución lóxica das persoas residentes, que non se corresponde coa clasificación de apertura de moitos centros.
-
A FUNCIONARIZACIÓN está prevista para o día 1 DE MAIO.
ROGOS E PREGUNTAS:
-
RPT de funcionarización de Medio Rural:
Considerando o dito polo Director en reunións anteriores e dado que estaba supeditada á aprobación da RPT do Grupo V, preguntado para cando está prevista a toma de posesión de ese persoal. Responde que xa se está traballando nela e o cronograma que manexan, salvo imprevistos é que se aprobe nas vindeiras semanas para a entrada en vigor o 1 de xuño.
-
Procesos selectivos de enxeñeiros agrónomos e agrícolas, montes e forestais:
Preguntado pola toma de posesión, para saber si vai a ser antes ou despois do verán, e pola orde que vai a rexer na elección en tanto que hai postos en RPT que son compartidos e por outra banda hai están os procesos da Lei 20 en marcha. Responde que nos meses de xuño e xullo está previsto un importante número de exames procesos selectivos, polo que é probable que a toma de posesión quede para despois do verán.
-
Procesos de promoción interna de corpos xerais:
Dado que os de libre xa teñen data para exame en xullo e as de promoción interna non están convocadas, responde que nunhas semanas iniciarase a negociación das bases, sobre todo da PI do ano 2020 para que non se produza a caducidade da mesma, pero non é un tema prioritario, indica que en un par de meses é probable que se estea negociando.
-
Listas dos procesos de estabilización:
Teñen pendente de pasar esta semana un cronograma sobre os procesos, para poder comezar a publicar algunhas listas, informarán ou mañá ou o venres nas reunións que están previstas.
-
RPT do CGSIB e Integración, para cando?.
A orde de integración está pendente de informe sobre algunha cuestión por parte da Asesoría Xurídica, entendendo que debería estar publicada o antes posible.
-
Instrución da Consellería de Educación sobre a comunicación das ITs:
A Consellería informa que se trata dunha instrución transitoria e que están traballando co CIXTEC para establecer un procedemento cunha comunicación automática e inmediata sen participación das persoas na recepción do parte de baixa pola administración aos centros educativos, puntualizando que afectaría soamente a aquelas persoas que están no réxime da Seguridade Social, non habendo nada previsto para o réxime especial de MUFACE.
-
Información sobre a participación do persoal na enquisa do Plan de Igualdade.
Darán mañá na reunión da Comisión negociadora os datos polo miúdo pero neste momento afirma que a participación na enquisa está no entorno do 15%.
-
RPT do Instituto Galego de Consumo e OPE dos procesos selectivos de esta escala
Confirma que se está traballando na RPT e na planificación da convocatoria daqueles procesos que non están afectados pola estabilización, onde existen prazas libres.