Sectores

Función Pública remite nova instrucción sobre as adscricións temporais en Política Social


 

Onte a Dirección Xeral da Función Pública comunicou á Secretaria Xeral Técnica de Política Social nova INSTRUCIÓN POLA QUE SE MODIFICAN AS DE 29 DE MARZO DE 2021 SOBRE A COBERTURA MEDIANTE DETERMINADAS FIGURAS DE PROVISIÓN TEMPORAL DE POSTOS CLASIFICADOS COMO DE PERSOAL LABORAL, co seguinte contido:

 

“Única.- Modificación da instrución segunda sobre a cobertura mediante determinadas figuras de provisión temporal de postos clasificados como de persoal laboral.

Amplíase ata o 31 de decembro de 2021 a data límite para poder prover postos mediante adscrición temporal e mobilidade funcional de desempeño en funcións de superior categoría das categorías incluídas en procesos de funcionarización nas escalas e especialidades de medicina, psicoloxía, pedagoxía, enfermería, educador, fisioterapia, traballo social, terapia ocupacional, xardín de infancia e auxiliares de clínica dos corpos facultativos de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

As persoas que estean desempeñando actualmente postos incluídos no ámbito sinalado no parágrafo anterior a través destas modalidades de provisión poderán continuar desempeñándoos sen necesidade de nova convocatoria ata o límite temporal máximo previsto nas normas que as regulan.“

 

O sentido común parecía indicar o que é unha evidencia, que a data de 30 de setembro non era factible, debe aprobarse a RPT dos postos de vínculo funcionarial, da que aínda non se ten noticias o que ven a significar que os tempos de alegacións e as obrigadas convocatorias de negociación facían imposible cumprir o límite autoimposto pola Administración do 30 do presente mes de setembro, esperemos que o novo límite sexa o suficiente para ter todo aprobado e en vigor para facer efectiva a funcionarización do persoal a 1 de xaneiro de 2022.

 

 

Informa_t_ampliacion_prazo_adscricions_sup_catg_31_12_21_10_09_21.pdf

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.