🗣️ COMUNICADO CONXUNTO SOBRE A REGULARIZACIÓN DE NÓMINAS DE 2025
‼️ Por fin temos as nóminas regularizadas: corríxese o pagamento de sexenios e titoría
Logo do cobramento dos atrasos pendentes, celebramos a corrección do erro no pagamento de sexenios e titoría durante o ano 2025.
Esta corrección é froito do consenso coa Consellería e do traballo constante na comisión de seguimento do Acordo sobre medidas de mellora por parte de CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP (cando se produciu esta situación CSIF aínda non se unira).
Cando foi preciso, recorrimos á vía xudicial para garantir o seu cumprimento e non por iso deixamos de traballar para alcanzar unha solución.
📌 Ademais, tras revisar a orde para a confección de nóminas que se publicou onte, damos por boas as cifras que inclúen a parte fixa da suba para este 2026.
⚠️ Mentres nós contrastabamos datos e pechabamos a solución, outra organización tentou 🤦♂️ aproveitarse do traballo alleo con anuncios precipitados e interesados.
✅ Resultados reais, obtidos con rigor e sendo útiles para o profesorado galego!
🧐 O profesorado merecemos información verificada, datos contrastados, cifras comprobadas e traballo arreo tanto na vía xudicial (se fai falta) como nos espazos de negociación e seguimento xa existentes. En particular, na Comisión de seguimento do Acordo, á que se incorporou CSIF hai poucas semanas, tal e como pode facer calquera outra organización sindical.
Pola nosa parte, seguiremos traballando sen descanso polo desenvolvemento continuo do Acordo e polo seu cumprimento íntegro.