EGAP:
Convocatoria de actividades de formación continua
Primeiro semestre 2021
Publicada hoxe a Resolución de convocatoria das actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.
DESTINATARIOS:
- Persoal empregado público da:
- Administración xeral autonómica de Galicia
- Administración institucional
- Entidades públicas instrumentais do sector público autonómico da letra a) do artigo 45 da LOFAXGA.
- Situación de servizo activo incluído permiso por parto ou maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/ha fillo/a ou dun/ha familiar
REQUISITOS DOS SOLICITANTES:
- Establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.
- A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web https://egap.xunta.gal.
SOLICITUDES:
- Prazo de presentación:
- 10 días a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.
- Só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática, dispoñible no enderezo:
https://egap.xunta.gal/matricula
- Desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización.
- O número máximo de cursos que se poden solicitar: cinco.
Podes consultar a Resolución no enlace:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210218/AnuncioO150-100221-0001_gl.pdf