Sectores

Fondo de Acción Social: Publicación listaxes provisionais

Publicase hoxe en DOG a resolución do 5 de xullo de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se anuncia a exposición das listaxes provisionais de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2022, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade para o persoal da Administración da Xunta de Galicia.

Podes consultar as listaxes das axudas aprobadas e denegadas do Fondo de Acción Social (axuda para a atención de persoas con discapacidade) na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública:

http://funcionpublica.xunta.es/?q=FAS

Reclamacións/emenda:

  • Prazo: 10 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.
  • Dirixidas a: director xeral da Función Pública da Consellería de Facenda, no Edificio Administrativo San Caetano, número 1, andar 2º, 15770 Santiago de Compostela.