O importe da axuda será de 2.160,00 € por causante, con rateo da dita cantidade para o caso de que o recoñecemento ou cualificación da discapacidade se producise con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2021 ou a convivencia non se mantivese durante todo o exercicio. A axuda aboarase na conta consignada para o ingreso da nómina
Poderá solicitar a axuda do fondo de acción social:
O persoal empregado público que prestasen servizos durante o ano 2021 nalgún dos órganos ou entidades a que se refiren as letras a) e c) do artigo 4 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e que teñan a condición de:
-
Persoal funcionario de carreira ou persoal funcionario interino, incluído o persoal docente.
-
Persoal laboral do V convenio colectivo único que se atope nalgunha das seguintes situacións:
-
Que teña a cargo un causante cun grao de discapacidade igual ou superior ao 75 % e con rendas superiores a 13.300 € anuais en concepto de rendementos de traballo ou de prestación que teña tal consideración.
-
Que cumpra os requisitos para ser beneficiario desta axuda e se lle denegase a prevista no artigo 35 do V Convenio colectivo.
-
Que estivese adscrito a un posto de natureza fixa descontinua, nese caso terá dereito a percibir a parte proporcional da axuda correspondente aos períodos de inactividade.
-
-
Profesores de relixión.
Quedan expresamente excluídos do ámbito de aplicación deste acordo:
-
O persoal funcionario de carreira ou persoal funcionario interino cuxo cónxuxe teña a condición de persoal laboral e non estea incluído dentro da letra b) do punto anterior.
-
O persoal a que se refiren os artigos 9, 10, 11 e 12 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, coa excepción do disposto para o persoal laboral na letra b) do punto anterior.
-
O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como o persoal procedente do Hospital Médico-Cirúrxico Provincial de Santiago, Sanatorio Psiquiátrico de Conxo, Hospital Provincial Santa María Nai de Ourense, Hospital Municipal Nicolás Peña de Vigo, Hospital Xeral Provincial de Pontevedra, Hospital Psiquiátrico Provincial O Rebullón de Pontevedra e Hospital Militar da Coruña.
No suposto de que dous empregados tivesen a condición de beneficiarios en relación ao mesmo causante, só un deles terá dereito a axuda.
-
Servizo activo no período de presentación de solicitudes, incluídos os supostos de incapacidade temporal e períodos de maternidade, paternidade, adopción, acollemento e risco de embarazo.
-
Suspensión de funcións ou de excedencia voluntaria con dereito a reserva de posto de traballo.
-
Adscrito a postos de natureza descontinua que se atope no período de inactividade.
-
As persoas que se xubilasen en 2021; en proporción ao tempo en que estiveron en activo.
Que conviva con cónxuxe, parella de feito, fillos ou ascendentes de 1º grao por consanguinidade ou afinidade ou tutelados por sentenza xudicial firme:
-
Que teñan unha discapacidade física, psíquica ou sensorial recoñecida polo organismo competente antes do 1 de xaneiro de 2022 nun grao igual ou superior ao 75 %.
-
Que teñan unha discapacidade física, psíquica ou sensorial recoñecida polo organismo competente antes do 1 de xaneiro de 2022 nun grao igual ou superior ao 33 % e inferior ao 75 % e perciba ingresos inferiores a 13.300 € anuais en concepto de rendementos de traballo ou de prestación que teña tal consideración.
Solicitudes
-
A solicitude será única, con independencia do número de causantes con discapacidade polos que se solicita a axuda
-
Xerarase de forma telemática desde a internet http://www.xunta.es/dxfp/fas.htm.
-
Prazo de presentación: 10 días hábiles seguintes ao da publicación desta convocatoria no DOG
-
No rexistro ou de forma dixital a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/portada) mediante trámite de solicitude xenérica, a través do servizo PR004A-Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado
-
-
Dirixiranse á Consellería de Facenda e Administración Pública, unidade Dirección Xeral da Función Pública.
-
No obxecto do asunto indicarase Convocatoria do fondo de acción social do ano 2021.
-
Xunto coa solicitude achegaranse tamén as copias auténticas dos documentos que se esixen e das certificacións que xustifiquen os feitos que se aleguen.
Comprobación de datos e documentación que se debe acompañar coa solicitude
A condición de beneficiario esixirá acreditar as seguintes circunstancias:
-
A identidade do causante,
-
O seu grao de discapacidade e data de recoñecemento;
-
A convivencia do beneficiario e do causante;
-
O parentesco ou suxeición a tutela
-
Se é o caso, os rendementos do traballo do causante.
Consultaranse automaticamente, sempre que as persoas interesadas e os causantes así o autoricen na solicitude:
-
DNI ou NIE da persoa con discapacidade causante da axuda.
-
Certificado de empadroamento de beneficiario e causante.
-
Recoñecemento do grao de discapacidade da persoa con discapacidade causante da axuda.
-
IRPF da persoa con discapacidade causante da axuda correspondente ao exercicio de 2020