Hoxe publicase en DOG a Resolución da Dirección Xeral da Función Publica, pola que se anuncia a exposición das listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2020 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade para o persoal da Administración da Xunta de Galicia.
As listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2020, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública, podes consultalas no seguinte enlace:
http://funcionpublica.xunta.es/?q=FAS
Para realizar a comprobación, as persoas solicitantes deberan introducir nos espazos habilitados para o efecto o NIF e mais o código de impresión da súa solicitude.
Publícase como Anexo á Resolución os seguintes datos de solicitudes:
Tipo de axuda |
Entradas |
Aprobadas |
Denegadas |
Importe euros |
Atención de persoas con discapacidade |
814 |
771 |
43 |
1.662.503,62 |
Informa_t_pubilicacion_resolucion_listaxes_definitivos_30_09_21.pdf