Sectores

Firma da Addenda do Acordo das condicións do persoal interino

A secretaria de Ensino da UGT-SP Galicia, Sandra Montero Nogareda, vén de reunirse co Conselleiro de Educación e co resto das OO. SS. asinantes do Acordo de persoal interino, para firmar a Addenda debatida na reunión da Mesa Sectorial de Educación celebrada o día 7 de marzo.

O Sector do Ensino de UGT-SP, velando por  manter o status quo vixente para o persoal interino dentro do marco da legalidade que representa a Lei 20/2021, firma a presente Addenda do Acordo do que salientamos as seguintes melloras:

  • Dereito de toma de posesión das persoas que se encontren desfrutando dun permiso por maternidade ou paternidade estenderase ás mulleres que se atopen de baixa por situacións derivadas de embarazo.
  • Amplíanse as situacións laborais que permiten a permanencia en listas sen obriga a aceptar chamamentos. Agradecemos que se fixeran eco desta antiga reivindicación que lles fixemos chegar en varias Mesas Sectoriais coa extensión ós traballadores por conta propia.
  • Proponse regularizar o mantemento da persoa substituta para estender as coberturas que se ven interrompidas en períodos de vacacións sempre que haxa petición da dirección do centro e conformidade da persoa substituta.
  • Rebaixas nos requisitos de idade que se contemplaban para poder alegar atención ó coidado de fillos menores.
  • Extensión da voluntariedade á aceptación de prazas de atención domiciliaria e centros de menores.

Con esta firma da actualización do Acordo das condicións do persoal docente interino, UGT vela ademais pola estabilidade deste, a miúdo vilipendiado, colectivo pero, como afirmou na Mesa, non renuncia a seguir presionando para conseguir novas melloras. Así, dende UGT insistimos:

  • Debemos recuperar os dereitos retributivos do profesorado substituto no verán cando traballe 5 meses ou máis. UGT entende que se ten que facer efectivo o cobro do verán toda vez que o estado de crise que motivou a suspensión deste dereito foi superado.
  • Todas as persoas interinas que sexan chamadas por primeira vez deberían consolidar o seu posto independentemente de que sexa chamada a seguinte persoa da lista ou non.
  • Chamamentos diarios e cobertura de vacantes aínda que estean próximas a períodos festivos.

UGT, deixa constancia das múltiples queixas da afiliación recibidas sobre estes puntos, insiste en transmitirlle á Administración que abra o debate sobre estas peticións.WhatsApp Image 2023 03 31 at 11.43.50

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.