Festas laborais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023
De non se producir modificacións no calendario laboral de carácter estatal, as festas laborais no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023 serán as seguintes:
As festas mencionadas terán carácter obrigatorio e non recuperable.
Tamén serán inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperables, dúas festas locais, propostas polo órgano municipal competente dos respectivos concellos, cuxa publicación no boletín oficial de cada unha das provincias da Comunidade Autónoma será determinada pola persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. As ditas festas locais publicaranse, así mesmo, no Diario Oficial de Galicia.
Decreto do DOG nº 149 do 2022/8/5