ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NAS MOBILIZACIÓNS DE VIGO, A CORUÑA E SANTIAGO CON 2.000 ASISTENTES

As recentes mobilizacións do venres, 26 de xuño, concentraron a unhas 2.000 persoas traballadoras do sector en Vigo, A Coruña e Compostela. A UGT-SP valora moi positivamente a asistencia á convocatoria nas distintas cidades galegas, nas que se concentrou arredor dun 33% do persoal dos centros do ensino concertado en Galicia.

As mobilizacións son o colofón dun curso cargado de accións reivindicativas. Xa é hora de que o conselleiro atenda ás xustas demandas do sector e se sente a negociar ou o curso non comezará! Está prevista unha xornada de FOLGA o día 9 de setembro, coincidindo co primeiro día lectivo do vindeiro curso 2026-2027.

Consulta toda a información no INFORMA-T:

Na prensa:

Imagen de UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.