Sectores

Éxito de participación na concentración do ensino concertado

Éxito de participación de UGT na concentración por conseguir acordos dignos no ensino concertado

«A Xunta non fala coa Concertada». «A xubilación parcial, dereito social». «A Igual traballo, igual salario!» Estos foron algúns dos berros coreados polo millar de persoas traballadoras do ensino concertado de Galicia que se concentraron esta mañá diante do edificio da Consellería en Compostela. A mobilización foi convocada por UGT SP e outras OOSS con presencia no sector.
O colectivo leva moitos anos reivindicando, entre outras cuestións, melloras salariais, a paga de antigüidade polos 25 anos de servizo, a xubilación parcial, o pago delegado ao PAS, menos horas lectivas…

Basta xa! Por uns acordos dignos no ensino concertado de Galicia! 💪🏼🔥

Queremos agradecer a súa participación aos máis de 400 afiliad@s e delegad@s da UGT! Unidos loitamos e unidos conseguimos acordos dignos!