ÁREAS

Estuda inglés coas vantaxes que che ofrece a afiliación ao sindicato


Comprácenos comunicarvos que para o presente curso académico 2022/23, UGT asinou un convenio de colaboración con Wellington Learning International para o estudo do inglés en liña a todos os niveis, desde principiante ata avanzado. O alcance da colaboración é de ámbito estatal e poderanse acoller a el todas as federacións.

 

Grazas a este convenio, a afiliación poderá gozar dunhas condicións especiais á hora de matricularse nos cursos. Ademais poñerase en marcha un novo plan de bolsas gratuítas para fillos/as que actualmente se atopen cursando Primaria e ESO.

  • En relación aos cursos para adultos, o desconto é do 70% sobre o prezo normal de mercado (149€ para non afiliados). Por tan só 49€ ao ano, calquera afiliado/a ou familiar de primeiro grao poderá estudar sen límite o nivel de inglés que escolla.
  • O tempo de acceso será dun ano completo á plataforma de estudo, tempo que empezará a contar desde o momento en que se soliciten e se reciban as claves de acceso.
  • Ademais do acceso ao contido en liña sen límite de horarios, durante o ano levarán a cabo varios encontros de masterclass a través de Zoom. O obxectivo destes encontros é asesorar de forma personalizada a todas as persoas que teñan pensado presentarse aos exames oficiais. Daranse consellos cos que mellorar as posibilidades de asegurarse o aprobado e repasaranse os contidos que adoitan preguntarse con máis frecuencia.

Copia de GIF descarga afíliate 1


Como mencionábamos, esta vantaxe é exclusiva para os afiliados/as que se atopen ao corrente de pago coas cotas, e ademais é extensible a familiares de primeiro e segundo grao.


Para beneficiarte dela é necesario que envíes o teu certificado de afiliación ao seguinte correo electrónico de Wellington: students@wellingtonlearning.com (mellor copiar e pegar o texto coa dirección do correo para asegurarse de que se envía ben escrito)

 

Se non tes o teu certificado de afiliación, ou non o tes actualizado, podes conseguilo solicitándoo por email a: serviciosugt@cec.ugt.org

 

Para probar de forma gratuíta a plataforma de estudo, visita a seguinte ligazónhttps://www.wellington-academy.com

Esperamos que esta oferta formativa sexa de gran utilidade para quen queira aprender inglés este ano, ou mellorar o seu nivel.

 

wellington ugt

 

UGT Informa T descargas

O máis lido

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.