Sectores

Procesos de Estabilización: Modificacións de Erros


Publicadas varias modificacións de erros de convocatorias de procesos de estabilización Lei 20/21:

Concurso-oposición: subgrupo A2, corpo de xestión da Administración xeral, subgrupo A2, e corpo facultativo de grao medio de Administración especial.

Modificacións exame:

  1. A primeira  parte:
    • – cuestionario de contido teórico de 30 preguntas:
      • o da parte xeral-bloque I (para o corpo de xestión)
      • o da parte xeral común para os restantes corpos, escalas e especialidades do subgrupo A2 (para o corpo facultativo de grao medio).
    • – Con 3 preguntas de reserva.
    • – Con 4 respostas alternativas propostas polo tribunal, das cales só unha delas será a correcta.
  2. A segunda parte:
    • – cuestionario de contido teórico e práctico de 110 preguntas
      • da parte xeral-bloque II (para o corpo de xestión)
      • da parte específica (para o corpo facultativo de grao medio),
    • o 90 preguntas serán de contido teórico
    • o 20 preguntas serán sobre un suposto práctico tipo test, sobre un ou varios textos propostos polo tribunal».

Concurso: corpo auxiliar de Administración xeral, subgrupo C2, corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, subgrupo C2, e categorías 7, 20, 21, 24, 25, 31, 32, 33, 34, 37 e 39 do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia.

No anexo III de titulacións:

  • – No proceso selectivo da escala auxiliar do SPIF, onde di: «Graduado en educación secundaria obrigatoria (a)», debe dicir: «Graduado en educación secundaria obrigatoria (a) e carné de conducir tipo B».
  • – Nos procesos selectivos da escala auxiliar de cociña, escala auxiliar de mantemento e escala auxiliar de laboratorio, onde di: «Graduado en educación secundaria obrigatoria (a)», debe dicir: «Titulación que habilite para a realización das funcións inherentes a esta escala»

Concurso: A1 especialidade de enxeñería de montes, escala técnica de condución, subgrupo C1.

  • – No anexo I de prazas convocadas de persoal funcionario, corpo facultativo superior, especialidade de enxeñería de montes, suprímese 1 praza na quenda de discapacidade.
  • – No anexo III «Titulacións» na escala técnica de condución queda sen efecto a modificación publicada en DOG do 7 de febreiro de forma que o carné de conducir esixido é tipo C + tipo E.

Concurso-oposición: escala auxiliar do SPIF, bombeiro/a forestal, subgrupo C2 e para a escala de persoal de mantemento, subgrupo AP:

  • – Na páxina 12125, (resolución 6/02/23) no último parágrafo, onde di: «…mediante o sistema de concurso…», debe dicir: «…mediante o sistema de concurso-oposición…».

Na páxina 12127 (resolución 6/02/23) queda sen efecto o número 5.2, de forma que no anexo III, Titulacións, na escala técnica de condución o carné de conducir esixido é tipo C + tipo E.

INFORMA-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.