UGT Servizos Públicos celebra que, grazas ao Acordo Marco para as Administracións asinado por UGT, CCOO e o Ministerio de Facenda, os traballadores da Concertada percibirán para 2024 o mesmo incremento salarial que os empregados públicos.
O acordo aprobado no Consello de Ministros do 25 de xuño e, publicado no RDL 4/2024 (BOE do 27 de xuño), reproduce e cumpre no seu artigo 6 o compromiso adquirido cos sindicatos asinantes para o ano 2024.
Un compromiso que se concreta no seguinte:
Un incremento fixo nas retribucións mensuais do 2%, con efectos retroactivos e consolidables desde o 1 de xaneiro de 2024, e aplícase sobre as retribucións en vigor a 31/12/2023.
Un incremento variable do 0,5%, con efectos do 1 de xaneiro de 2024, respecto a as retribucións vixentes ao 31 de decembro de 2023, se o IPC harmonizado dos anos 2022-2023 e 2024, supera o 8% (referido ao incremento fixo destes tres anos). A este respecto, dáse a circunstancia de que dita condición xa se cumpre, pois os IPCA de 2022 e 2023 supoñen o 9 %, (5,7 + 3,3, respectivamente) e o último dato coñecido do ano 2024 (maio) sitúase no 3,6.
Grazas a este pacto entre sindicatos e Goberno, no que o apoio de UGT Servizos Públicos foi determinante, superaríase o 9,5% de incrementos salariais en tres anos. E ademais é incuestionable a sensibilidade coa que UGT Servizos Públicos negociou para que se traslade ao ámbito do Ensino Concertado.
Traballadores de Administración e Servizos, de niveis non concertados ou sen pago delegado
UGT Servizos Públicos lembra que o procedemento de translación dos incrementos salariais aos traballadores que non teñen pago delegado é o de levalo á Comisión Negociadora do Convenio Colectivo. UGT Servizos Públicos defenderá, como sempre o fixo, que o criterio para os incrementos salariais para estes traballadores e traballadoras sexa o dos mesmos porcentaxes que para o resto das traballadoras e traballadores con pago delegado.
UGT Servizos Públicos lembra que os avances salariais dos traballadores do Ensino Concertado non veñen sós, nin son porcentaxes aleatorias nin se xeran exclusivamente desde ámbitos do Ensino Concertado. Os salarios do persoal docente en pago delegado emanan dos acordos que UGT Servizos Públicos negocia en ámbitos moito máis amplos que os específicos do Ensino Concertado e aplícanse aos traballadores do sector grazas á natureza xurídica dos devanditos acordos. Vincúlanse así mesmo á homologación salarial dos traballadores dos Ensinos Concertada e Pública.