Sectores

Enquisa do Ministerio de Sanidade sobre a situación das enfermeiras en España

PARTICIPA  na enquisa sobre a situación das enfermeiras en España 2024.

Para desenvolver a liña estratéxica 1 da folla de roteiro dos coidados, o Ministerio de Sanidade, en colaboración con Investén-ISCIII, desenvolveu unha enquisa de aproximación á realidade enfermeira, por iso, solicitan a nosa colaboración para difundir esta enquisa que realizou sobre a situación das enfermeiras en España 2024

A participación é totalmente voluntaria, pero MOI NECESARIA para coñecer a empregabilidade e postos que ocupan actualmente as enfermeiras e así poder establecer as necesidades que ten o colectivo e poder priorizalas en base aos datos obtidos. Estes datos son anónimos.

A enquisa ten 3 apartados, no primeiro piden que se conteste a todas as preguntas, e estiman que o tempo máximo que se utilizará para respondelas será de 10 minutos. Nos apartados 2 e 3 queren coñecer opinións, suxestións e carga de traballo. Estas preguntas son opcionais, pero sería ben contar coas respostas xa que seguro que as opinións, experiencia e datos axudarán a unha mellor planificación profesional.

Ao finalizar a enquisa poderase descargar unha copia das respostas. 

Pódese acceder á enquisa mediante esta ligazón:

https://redcap.isciii.es/surveys/?s=A9PT3WME9KD99AHF&__startover

Ou escaneando este QR:

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.