Sectores

Enquisa previa o Plan de Igualdade todo o Persoal da Administración Xeral da Xunta


A Comisión de igualdade reiniciou a súa actividade o 17 de xaneiro de 2023 , despois de varios paros, o último dende abril de 2022. Estase a traballar na diagnose previa do Plan e na proposta de Protocolo da Xunta de Galicia de actuación fronte as violencias e acoso sexuais e as violencias e acoso psicolóxicas no traballo.

Con carácter previo o remate da diagnose, unha vez publicado o compromiso institucional, vaise realizar unha enquisa a todo o persoal. As preguntas da enquisa son as pactadas na Comisión de igualdade.

Segundo a Administración facilitouse o procedemento o máximo posible, remitirase por correo electrónico a todo o persoal e xa está anunciado na páxina da Xunta de Galicia e en intranet, e solicitouse aos órganos que non teñen correo xunta o listado de correos para poder remitir a enquisa.

  • Dende o mércores 22 de marzo ata o mércores 12 de abril estará dispoñible a enquisa do Plan de Igualdade.

  • Hoxe enviouse correo masivo co enlace da enquisa dende a AMTEGA

  • Habilitouse a posibilidade de realizala dende o móbil.

A administración apela a que se fomente a participación e que participe un gran número de persoal, e reiteran que por cuestións técnicas e de protección de datos non pode eliminarse a imposibilidade de realizar máis dunha enquisa dende a mesma IP (máis de 1 enquisa en 1 ordenador).

UGT ante esa limitación propuxemos realizala tamén por WhatsApp Web, porque permitiría que dende un mesmo ordenado IP, ao conectarse a WhatsApp Web non se duplicaran enquisas pola mesma persoa. A administración o descartou totalmente facelas en papel por razóns de confidencialidade, duplicidade, xestión, ……

UGT facemos un chamamento á participación e esperamos que todas as persoas con responsabilidades en todas as instancias e centros de traballo promovan que o persoal cumprimente a enquisa e faciliten que se faga.

ACCEDE A ENQUISA PREMENDO AQUI

INFORMA-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.