Egap
Publicación de convocatoria de cursos:
- Tecnoloxías da información e da comunicación
- Administración electrónica
- Protección de datos
Publicada hoxe en DOG a Resolución pola que se convocan cursos sobre tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), administración electrónica e protección de datos
DESTINATARIOS:
Persoal que se atope en situación de servizo activo (incluído permiso por maternidade/paternidade, adopción ou excedencia polo coidado dun/ha fillo/a ou dun/ha familiar) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria, de:
- Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia
- Entidades públicas instrumentais e da Administración institucional
- Bolsas de interinos da Administración de xustiza, dependente da C. Autónoma de Galicia:
- Corpos de xestión procesual e administrativa
- Tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial
DESENVOLVEMENTO DAS ACTIVIDADES DE FORMACIÓN:
As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web:
SOLICITUDES:
- Prazo de presentación:
- 10 días a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.
- Só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática, dispoñible no enderezo:
https://egap.xunta.gal/matricula
- Desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización.
- O número máximo de cursos que se poden solicitar: tres.
Podes consultar a Resolución no enlace:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210303/AnuncioO150-240221-0001_gl.pdf