Publicada hoxe en DOG a Resolución pola que se convoca o programa de autoformación para persoal ao servizo:
- Administración pública da Comunidade Autónoma
- Entidades públicas instrumentais
- Administración institucional de Galicia
- Administración de xustiza
- Entidades locais
- Persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).
- Que se atope en:
- Situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria.
- Que se atope en:
- Está exceptuado o persoal:
- Docente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
- Escalas dos corpos da policía de Galicia
- Servizo Galego de Saúde, non entendendo por tal o persoal empregado público da escala de saúde pública e administración sanitaria, creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazas convocadas, horas certificadas, datas, lugar e horario: pódese consultar no enlace da Resolución.
SOLICITUDES:
- Prazo: dende as 9:00hs do 03/06/25 ás 14:00hs do 12/06/25.
- Só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible en: https://egap.xunta.gal/matricula
- Número máximo de probas de avaliación que se poden solicitar: catro.
DÚBIDAS E INFORMACIÓN
As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono:
- 981 54 63 35
- 981 54 62 53
- 981 54 62 54
- 981 54 62 57
- 981 54 62 73
- 881 99 70 44
ou no enderezo de correo electrónico: xestion.egap@xunta.gal