Sectores

EGAP: Probas de avaliación para a obtención do Certificado de Competencias Dixitais (Comdix): Nivel de Iniciación

Publicada, en DOG, a RESOLUCIÓN pola que se convocan as probas de avaliación para a obtención do certificado de competencias dixitais (ComDix) no seu nivel de Iniciación para o persoal ao servizo da Administración autonómica da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza de Galicia, das entidades locais galegas e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG)

Requisitos das persoas destinatarias

Poderá participar:

  • O persoal empregado público destinado en:
    • Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
    • Entidades públicas instrumentais.
    • Administración institucional.
    • Administración de xustiza.
    • Entidades locais.
    • Administración e servizos (PAS) das universidades do SUG.
  • Que se encontre en:
    • Situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria.

Esta proba de certificación compleméntase coa posta a disposición das persoas interesadas de contidos en liña en réxime da autoformación, de uso voluntario, para adquirir os coñecementos, habilidades e actitudes dixitais, e que servirá de referencia antes de presentarse á proba de certificación

Acceso aos contidos:

A través da área de matrícula, dende o 23 de abril ata o 19 de decembro de 2025

Probas presenciais de avaliación:

Teñen a finalidade de acreditar a competencia nas materias convocadas mediante un exame presencial e  acadar o certificado galego de competencias dixitais nivel iniciación (COMDIX-iniciación) emitido pola AMTEGA

Matrícula:

  • Prazo solicitudes: dende o 12 ata o 22 de abril.
  • As solicitudes só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo: https://egap.xunta.gal/matricula desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14:00 horas da data de finalización.
  • Número máximo de inscricións que se poden solicitar: 1 por persoa participante