Publicada hoxe a Resolución de convocatoria as actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero
DESTINATARIOS:
Persoal que se atope en situación de servizo activo (incluído permiso por maternidade/paternidade, adopción ou excedencia polo coidado dun/ha fillo/a ou dun/ha familiar) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II, ao servizo de:
- Administración pública da Comunidade Autónoma
- Entidades públicas instrumentais
- Administración institucional
- Administración de xustiza de Galicia
- Entidades locais de Galicia
- PAS das tres universidades do SUG
DESENVOLVEMENTO DAS ACTIVIDADES DE FORMACIÓN:
As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web:
SOLICITUDES:
- Prazo de presentación:
- 10 días a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.
- Só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática, dispoñible no enderezo:
https://egap.xunta.gal/matricula
- Desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización.
- O número máximo de cursos que se poden solicitar: tres.
Para as dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria:
- Teléfonos: 981 54 62 57 e 981 54 63 35 en horario de 9.00 ás 14.00 hs.
- Correo electrónico: xestion.egap@xunta.gal
Podes consultar a Resolución no enlace:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210308/AnuncioO150-260221-0001_gl.pdf