Sectores

EGAP: Convocatoria do Plan de Formación Servizo Público de Emprego de Galicia


Publícase hoxe, en DOG, a resolución do 13 de maio de 2022 pola que se convocan os cursos correspondentes ao primeiro semestre do Plan de formación do Servizo Público de Emprego de Galicia do ano 2022.

As actividades formativas figuran no anexo II, e deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Requisitos dos/das participantes:

  • Persoal funcionario e laboral:
    • Das oficinas de emprego da Dirección Xeral de Formación e Colocación.
    • Da Dirección Xeral de Relacións Laborais.
    • Da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social.
    • Da área de emprego das xefaturas territoriais da Consellería de Emprego e Igualdade.
  • Que se atope en:
    • Situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria.

Desenvolvemento das actividades de formación

  • As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria.
  • A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web: https://egap.xunta.gal, e no enderezo: https://emprego.xunta.gal/portal/gl/formacionmrr.html

Solicitudes e prazos

  • Prazo de presentación de solicitudes: aberto desde o 19/05/22 ata o 25/05/2022.
  • As solicitudes só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo: https://egap.xunta.gal/matricula desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización.
  • Número máximo de cursos que se poden solicitar: 3.

 

UGT Informa-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.