Publícase hoxe, en DOG, a Resolución do 26 de decembro de 2023 pola que se publica o Plan de formación para o ano 2024, logo da súa aprobación polo Consello Reitor deste organismo autónomo en sesión do día 21 de decembro de 2023.
O Plan recolle as actividades formativas dirixidas ao persoal ao servizo de:
- Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Entidades públicas instrumentais.
- Administración institucional.
- Administración de xustiza de Galicia.
- Entidades locais de Galicia.
- Persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e Uvigo).
O plan contén as seguintes áreas:
- Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas.
- Unión Europea: políticas públicas e procedementos comunitarios.
- Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades.
- Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa.
- Plan de igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero.
- Lingua galega.
- Portal de idiomas.
- Formación en competencias dixitais (ComDix).
- Plan formativo no marco do Instituto de Economía Pública de Galicia.
Para acceder ás accións formativas recollidas neste plan, será preciso formalizar matrícula, despois de que se publiquen no DOG as correspondentes convocatorias.