Sectores

EGAP: Publicación no DOG Plan de Formación para o ano 2023


Publícase hoxe, en DOG, a Resolución do 21 de decembro de 2022 pola que se publica o Plan de formación para o ano 2023, logo da súa aprobación polo Consello Reitor deste organismo autónomo en sesión do día 20 de decembro de 2022.

O Plan recolle as actividades formativas dirixidas ao persoal ao servizo de:

  • – Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • – Entidades públicas instrumentais.
  • – Administración institucional.
  • – Administración de xustiza de Galicia.
  • – Entidades locais de Galicia.
  • – Persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e Uvigo).

O plan contén as seguintes áreas:

  • – Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas.
  • – Unión Europea: políticas públicas e procedementos comunitarios.
  • – Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades.
  • – Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa.
  • – Plan de igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero.
  • – Lingua galega.
  • – Portal de idiomas.
  • – Plan formativo ofimático de Galicia. 
  • –  Plan formativo no marco do Instituto de Economía Pública de Galicia.

Para acceder ás accións formativas recollidas neste plan, será preciso formalizar matrícula, despois de que se publiquen no DOG as correspondentes convocatorias

INFORMA-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.