Publicada hoxe a Resolución do 23 de marzo de 2023 pola que se convocan as actividades formativas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia
As actividades formativas figuran no anexo II da resolución, e deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.
Requisitos dos/das participantes:
Poderá participar:
-
O persoal empregado público e as persoas integrantes das bolsas de interinos, dos corpos da Administración de xustiza en Galicia, de:
-
Xestión procesual e administrativa
-
Tramitación procesual e administrativa.
-
Auxilio xudicial
-
Médicos forenses
-
-
Que se encontre en:
-
Situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria.
-
Desenvolvemento das actividades de formación
-
Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria.
-
A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web: https://egap.xunta.gal.
Solicitudes e prazos
-
Prazo solicitudes: dende o día seguinte ao desta publicación en DOG, ata o 31 de marzo.
-
As solicitudes só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo :https://egap.xunta.gal/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización.
-
Número máximo de cursos que se poden solicitar: 5.