Sectores

EGAP: Convocatoria Formación Continua 1º semestre 2023 Administración Xeral e Entes Instrumentais


Publicada hoxe a RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2023 pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.

As actividades formativas figuran no anexo II, e deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Requisitos dos/das participantes:

Poderá participar:

  • O persoal empregado público destinado en:

    • Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

    • Entidades públicas instrumentais enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010,

    • Administración institucional

  • Que se encontre en:

    • Situación de servizo activo ou servizos especiais que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II

  • Está exceptuado:

    • Persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

    • Persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia, policía local e bombeiros.

    • Persoal do Servizo Galego de Saúde, non entendendo por tal, os/as empregados/as públicos/as da escala de saúde pública e Administración sanitaria da Lei 17/1989.

Desenvolvemento das actividades de formación

  • Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria.

  • A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web: https://egap.xunta.gal.

Solicitudes e prazos

  • Prazo solicitudes: dende o día seguinte ao desta publicación en DOG, ata o 20 de marzo.

  • As solicitudes só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo :https://egap.xunta.gal/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización.

  • Número máximo de cursos que se poden solicitar: 5

INFORMA-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.