A EGAP ven de comunicar o inicio do proceso de elaboración do plan de formación para o ano 2024, por este motivo dirixiuse ás Organizacións Sindicais co fin de que lle sexan remitidas propostas de actividades formativas.
O prazo sinalado como tope de recepción de propostas formativas é o día 30 de outubro de 2023.
Na proposta a presentar diferenciaranse as actividades de formación transversal das actividades específicas para determinados colectivos ou consellerías
Unha vez recibidas todas as propostas, a EGAP avaliará e seleccionará as actividades do Plan de formación para 2024. As propostas formativas referidas a materias específicas de cada consellería, trasladarán as suxestións aos coordinadores de formación de cada unha.
Agardamos as propostas de actividades formativas que estimedes oportuno trasladar, a fin de realizar as achegas sobre os distintos ámbitos e colectivos.
Podes achegarnos as túas propostas ás Seccións Sindicais de UGT, ou ben a través do correo electrónico: sindicato-uxt@xunta.gal