Publicada hoxe en DOG a Resolución de convocatoria das actividades de formación para o persoal da Administración local da Comunidade Autónoma de Galicia, por medio do Convenio de colaboración subscrito entre a EGAP e a Deputación Provincial de Ourense
REQUISITOS DAS PERSOAS PARTICIPANTES.
Poderá participar nas accións formativas convocadas nesta resolución:
- Persoal empregado público ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, que estea prestando servizos noutras administracións públicas de Galicia
- Que se encontre en situación de servizo activo (incluído o permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou a excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun/dunha familiar) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.
DESENVOLVEMENTO DAS ACTIVIDADES DE FORMACIÓN.
As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para estas actividades se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web:
SOLICITUDES.
− Prazo de presentación:
- Dende o 15 ata o 22 de setembro de 2021.
− As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo:
− Desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización.
CURSOS.
− Básico de aplicacións informáticas de tratamento de textos: Microsoft Word (Código: CV21074)
− Sistema operativo e busca de información: internet/intranet e correo electrónico. Windows.(Código: CV21075).
Podes consultar a Resolución no enlace:
Informa-t_convocatoria_cursos_formacion_local_EGAP_14_09_2021.pdf