Publicada hoxe a resolución do 22 de agosto de 2022 pola que se convocan cursos para persoal dos entes instrumentais do sector público autonómico.
As actividades formativas figuran no anexo II, e deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.
Requisitos dos/das participantes:
Poderá participar nas accións formativas convocadas nesta resolución o persoal que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria, das seguintes entidades:
- Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia),
- Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC),
- Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga),
- Sociedade Xestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia),
- Galicia Calidade, S.A.U.,
- Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG),
- Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama)
- Redes de Telecomunicación Galegas (Retegal, S.A.).
Desenvolvemento das actividades de formación
- Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria.
- A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web: https://egap.xunta.gal.
Solicitudes e prazos
- Prazo de solicitudes: dende o día 2 ata o día 12 de setembro de 2022.
- As solicitudes só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo: https://egap.xunta.gal/matricula desde as 9:00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización.
O criterio de selección será orde de inscrición ata esgotar a totalidade das prazas.