EGAP-Convocatoria: Plan formativo ofimático de Galiclia


 

Publicada a convocatoria das actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia desenvolvido pola EGAP xunto coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

O certificado expedido pola EGAP que acredite a superación das actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia permitirá obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, nos termos previstos no Decreto 218/2011, do 17 de novembro, polo que se regula a certificación galega de competencias dixitais en ofimática.

Convócanse 2.000 prazas en accións formativas impartidas na modalidade de teleformación integradas no Plan formativo ofimático de Galicia, que a continuación se relacionan:

– Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base).

– Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft Office 2019).

– Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc).

– Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2019).

– Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer).

– Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2019).

– Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress).

– Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (Microsoft Office 2019).

– Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (GNU/Linux Debian 9).

  • Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (contorno Windows 10).

Requisitos dos participantes:

  • Poderá participar nas actividades formativas persoal ao servizo de:
    • Administración pública da Comunidade Autónoma.
    • Entidades públicas instrumentais e da Administración institucional de Galicia.
    • Administración de xustiza.
    • Entidades locais de Galicia.
    • Administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia.
  • Que se encontre en:
    • Situación de servizo activo (incluído permiso por maternidade, adopción, acollemento ou excedencia polo coidado dun/a fillo/a ou dun/a familiar)
    • Que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II
  • Exceptuado o persoal:
    • Docente Consellería de Cultura, Educación e Universidade
    • Escalas dos corpos da policía de Galicia, policía local e bombeiros.
    • SERGAS (non entendendo por tal o persoal da Lei 17/1989)

Solicitudes

  • Prazo: 10 días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG
  • Só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo: https://egap.xunta.gal/matricula
  • Desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización.
  • Número máximo de actividades formativas que se poden solicitar: tres.

Convocatoria_plan_ofimatico_galego_2022_01_02_2022.pdf

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.