Sectores

EGAP: Convocatoria de formación en materia de igualdade e violencia de xénero


Publícase hoxe, en DOG, a Resolución de convocatoria das actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero. As actividades formativas figuran no anexo II, e deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Requisitos dos/das participantes:

  • Persoal ao servizo de:
    • Administración pública da Comunidade Autónoma
    • Entidades públicas instrumentais
    • Administración institucional
    • Administración de xustiza de Galicia.
    • Entidades locais de Galicia
    • PAS das tres universidades do SUG
  • Que se encontre en:
    • Situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.
  • Está exceptuado:
    • Persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
    • Persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia, policía local e bombeiros.
    • Persoal do Servizo Galego de Saúde, non entendendo por tal, os/as empregados/as públicos/as da escala de saúde pública e Administración sanitaria da Lei 17/1989.

Desenvolvemento das actividades de formación

  • Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria.
  • A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web: https://egap.xunta.gal.

Solicitudes e prazos

  • Prazo de solicitudes: 10 días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.
  • As solicitudes só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo :https://egap.xunta.gal/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización.
  • Número máximo de cursos que se poden solicitar: 3.

 

                                                Descarga o UGT INFORMA-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.