Sectores

EGAP: Convocatoria Formación Continua para o Persoal da Administración Xeral e Entes Instrumentais

Publicada Resolución do 29 de febreiro de 2024 pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do  sector público autonómico e da Administración institucional.

As actividades formativas figuran no anexo II, e deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Requisitos das persoas participantes:

Poderá participar:

  • O persoal empregado público destinado en:
    • Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
    • Entidades públicas instrumentais enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010
    • Administración institucional
  • Que se encontre en:
    • Situación de servizo activo ou servizos especiais que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II
  • Está exceptuado:
    • Persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
    • Persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia, policía local e bombeiros.
    • Persoal do Servizo Galego de Saúde, non entendendo por tal, os/as empregados/as públicos/as da escala de saúde pública e Administración sanitaria da Lei 17/1989.

Desenvolvemento das actividades de formación

  • Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria.
  • A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web: https://egap.xunta.gal.

Solicitudes e prazos

  • Prazo solicitudes: dende o 2 ata o 11 de marzo.
  • As solicitudes só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo :https://egap.xunta.gal/matricula desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14:00 horas da data de finalización.
  • Número máximo de cursos que se poden solicitar: 5
Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.