As actividades formativas figuran no anexo II, e deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.
Requisitos dos/das participantes:
- O persoal empregado público:
- Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Entidades públicas instrumentais enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010,
- Administración institucional
- En:
- Situación de servizo activo ou servizos especiais que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II
- Está exceptuado:
- Persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
- Persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia, policía local e bombeiros.
- Persoal do Servizo Galego de Saúde, non entendendo por tal, os/as empregados/as públicos/as da escala de saúde pública e Administración sanitaria da Lei 17/1989.
Desenvolvemento das actividades de formación
- Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria.
- A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web: https://egap.xunta.gal.
Solicitudes e prazos
- Prazo de solicitudes: 10 días a partir do seguinte ao da publicación en DOG.
- As solicitudes só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo :https://egap.xunta.gal/matricula desde as 08.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización.
Número máximo de cursos que se poden solicitar: 3.