Sectores

EGAP: Convocatoria extraordinaria de actividades formativas


Publicada hoxe a resolución pola que se convocan, con carácter extraordinario, unha serie de actividades de formación continua que pretende responder á alta demanda de solicitudes rexistradas ás actividades de formación continua do primeiro semestre de 2021.

REQUISITOS DO PERSOAL PARTICIPANTE

O persoal funcionario e o persoal laboral, agás o que estea en situación de suspensión de funcións, que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II, que preste servizo en:

  • Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia
  • Entidades públicas instrumentais enunciadas na alínea a) do artigo 45 da LOFAXGA
  • Administración institucional

DESENVOLVEMENTO DAS ACTIVIDADES DE FORMACIÓN

Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web

https://egap.xunta.gal.

SOLICITUDES:

  • Prazo de presentación:
    • Desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata o 20 de maio de 2021.
  • Só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática, dispoñible no enderezo:

https://egap.xunta.gal/matricula

  • Desde as 00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización.
  • O número máximo de cursos que se poden solicitar: cinco.

Podes consultar a Resolución no enlace:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210511/AnuncioO150-040521-0001_gl.pdf

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.