As actividades formativas figuran no anexo II, e deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.
Requisitos das persoas participantes:
Poderá participar:
- O persoal empregado público destinado en:
- Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Entidades públicas instrumentais.
- Administración institucional.
- Persoal empregado público e persoas que integran as bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza.
- Que se encontre en:
- Situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria.
- Está exceptuado:
- Persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
- Persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia, policía local e bombeiros.
- Persoal do Servizo Galego de Saúde, non entendendo por tal, os/as empregados/as públicos/as da escala de saúde pública e Administración sanitaria da Lei 17/1989.
Desenvolvemento das actividades de formación
- Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria.
- A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web: https://egap.xunta.gal.
Solicitudes e prazos
- Prazo solicitudes: dende o 3 ata o 12 de abril.
- As solicitudes só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo :https://egap.xunta.gal/matricula desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14:00 horas da data de finalización.
- Número máximo de cursos que se poden solicitar: 3