Sectores

EGAP convocatoria cursos: Linguaxe administrativa e xurídica galega

Publicada a Resolución do 22 de xaneiro de 2025 pola que se convocan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega para o persoal ao servizo das distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.

Convócanse os cursos, cuxas bases, características e contidos se detallan no anexo á resolución.

Requisitos das persoas participantes:

Poderá participar:

  • O persoal ao servizo da:
    • Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
    • Entidades públicas instrumentais
    • Administración institucional
    • Administración de xustiza
    • Entidades locais de Galicia
    • Persoal de administración e servizo (PAS) das universidades do SUG.
  • Que se encontre en:
    • Situación de servizo activo (incluído o persoal qeu teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral)
  • Está exceptuado:
    • Persoal docente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
    • Persoal das escalas dos corpos da policía e bombeiros de Galicia.
    • Persoal do Servizo Galego de Saúde, non entendendo por tal, o persoal empregado público da escala de saúde pública e Administración sanitaria da Lei 17/1989.

Solicitudes e prazos

  • Prazo solicitudes: dende as 9:00hs do 31 de xaneiro ata as 14:00hs do 7 de febreiro.
  • Solicitudes a través de :https://egap.xunta.gal/matricula
  • Cada persoa só poderá solicitar 1 dos cursos
  • Información para dúbidas e dificultades técnicas:
    • Teléfonos: 981 54 62 57 // 981 54 62 54 // 982 54 63 35
    • Horario: 9:00 ás 14:00

Xestion.egap@xunta.gal

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.