Publicada hoxe en DOG a Resolución de convocatoria dun curso de prevención de riscos laborais (primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación), dirixido a persoal:
- Dos equipos de alarma e evacuación
- De primeira intervención e de primeiros auxilios
- Que exerza a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención, dos seguintes centros de traballo:
- Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural en Ourense.
- Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade en Ourense.
- Oficina de Emprego de Ourense-A Ponte.
- Oficina de Emprego de Ourense-Centro.
Requisitos das persoas participantes:
Encontrarse en situación de servizo activo (incluído permiso por maternidade ou paternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou familiar) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.
Curso:
-
- Modalidade: presencial.
- Duración: 12 horas.
- Edicións: cinco
-
- Organización e actuación dos grupos de acción en caso de emerxencia.
- Primeiros auxilios:
- Conceptos básicos.
- Cuestións prácticas.
- Incendios: conceptos básicos, axentes extintores, equipos de protección contra incendios. Prácticas con lume real: os extintores.
Solicitudes e prazos:
- Prazo de solicitudes: oito días contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.
- As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo:
https://egap.xunta.gal/matricula
Desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización.
Enlace á Resolución:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210407/AnuncioO150-290321-0001_gl.pdf