Sectores

EGAP: Comunicación da elaboración do Plan de Formación para o ano 2025

A EGAP ven de comunicar o inicio do proceso de elaboración do Plan de formación para o ano 2025, por este motivo dirixiuse ás Organizacións Sindicais co fin de que lle sexan remitidas propostas de actividades formativas.

O prazo sinalado como tope de recepción de propostas formativas é o día 2 de outubro de 2024.

Na proposta a presentar diferenciaranse as actividades de formación transversal das actividades específicas para determinados colectivos ou consellerías

Unha vez recibidas todas as propostas, a EGAP avaliará e seleccionará as actividades do Plan de formación para 2025. As propostas formativas referidas a materias específicas de cada consellería, trasladarán as suxestións aos coordinadores de formación de cada unha.

Agardamos as propostas de actividades formativas que estimedes oportuno trasladar, a fin de realizar as achegas sobre os distintos ámbitos e colectivos

ACHEGA  AS TÚAS PROPOSTAS Á TÚA SECCIÓN SINDICAL DE UGT OU AO ENDEREZO

sindicato-uxt@xunta.gal

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.