
EGAP:
EGAP: CONVOCATORIA 2022 ACTIVIDADES FORMATIVAS E IDIOMAS
Publicada, o pasado día 9 de febreiro a RESOLUCIÓN DE CONVOCATORIA
REQUISITOS DO PERSOAL PARTICIPANTE
- 
Poderá participar o persoal ao servizo de:
- 
Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia
 - 
Entidades públicas instrumentais
 - 
Administración institucional
 - 
Entidades locais.
 - 
PAS das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG)
 
 - 
 - 
Que se encontre en:
- 
Situación de servizo activo (incluído permiso por maternidade, adopción, acollemento ou excedencia polo coidado dun/a fillo/a ou dun/a familiar)
 
 - 
 - 
Que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II
 - 
Exceptuado o persoal:
- 
Docente Consellería de Cultura, Educación e Universidade
 - 
Escalas dos corpos da policía de Galicia, policía local e bombeiros.
 - 
SERGAS (non entendendo por tal o persoal da Lei 17/1989)
 
 - 
 
Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web
SOLICITUDES:
- 
Prazo de presentación:
- 
10 días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.
 
 - 
 - 
Só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática, dispoñible no enderezo:
 
https://egap.xunta.gal/matricula
- 
Desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización.
 - 
O número máximo de cursos que se poden solicitar: tres
 
								
                                                                      
                                                                      
                                                                      
                                                                      
                                                                      