Sectores

EGAP: Convocatoria Actividades de Formación Continua


Publicada hoxe a convocatoria de actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.

 

Convócanse distintas accións formativas (presencias, telepresenciais e de teleformación) integradas no programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2022, nas áreas que a continuación se relacionan:

 

  • Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas (41 accións formativas).

  • Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades (29 accións formativas).

  • Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa (12 accións formativas).

  • Lingua galega (3 accións formativas).

  • Unión Europea: políticas públicas e procedementos comunitarios (9 accións formativas).

  • Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo (6 accións formativas).

  • Vicepres. P. e Cons. de Presidencia, Xustiza e Turismo: Prevención de riscos laborais (12 accións formativas).

  • Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (8 accións formativas).

  • Consellería de Facenda e Administración Pública (6 accións formativas).

  • Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (4 accións formativas).

  • Consellería de Facenda e Administración Pública (6 accións formativas).

  • Consellería de Emprego e Igualdade (1 acción formativa).

  • Consellería de Cultura, Educación e Universidade: Cultura (2 accións formativas).

  • Consellería de Cultura, Educación e Universidade: Educación (9 accións formativas).

  • Consellería de Política Social (7 accións formativas).

  • Consellería de Medio Rural (6 accións formativas).

  • Consellería do Mar (8 accións formativas).

  • Consellería de Sanidade (3 accións formativas).

Poderá participar nas actividades formativas persoal ao servizo de:

Administración pública da Comunidade Autónoma.

Entidades públicas instrumentais e da Administración institucional de Galicia.

Administración de xustiza.

Entidades locais de Galicia.

Administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia

QUE SE ENCONTREN EN:

  • Situación de servizo activo (incluído permiso por maternidade, adopción, acollemento ou excedencia polo coidado dun/a fillo/a ou dun/a familiar)
  • Que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II
  • EXCEPTUANDO PERSOAL :
  • Docente Consellería de Cultura, Educación e Universidade

  • Escalas dos corpos da policía de Galicia, policía local e bombeiros.

  • SERGAS (non entendendo por tal o persoal da Lei 17/1989)

Prazo: 10 días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

  • poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo: https://egap.xunta.gal/matricula

  • Desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización.

  • Número máximo de actividades formativas que se poden solicitar: cinco

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.