Sandra Montero Nogareda, Secretaria do Sector de Ensino de UGT Servizos Públicos en Galicia, participou onte na inauguración da exposición «V Centenario Circunnavegación de Magallanes y Elcano», creada polo Centro Cultural y Educativo Español Reyes Católicos, que se pode visitar no auditorio do Concello de Caldas.
Esta exposición configura, ademais, o punto de partida dunhas xornadas formativas dedicadas a coñecer de cerca a creación dun proxecto de difusión cultural nun centro da ación educativa española no exterior. Escola Viva e UGT Servizos públicos, sempre atentos ás demandas do colectivo docente, colaboran na xestión desta formación creada polo Centro Reyes Católicos e que contará con poñentes da talla de Pablo Pinedo Reyes, Luís Fernández López ou Cristina Portillo Mayorga.
Estas xornadas, que permitirán a máis de trinta docentes de toda Galicia adentrarse na acción educativa no exterior, serán posibles grazas ó apoio do concello de Caldas é á gran implicación do Centro Reyes Católicos personalizada na figura do coordinador do curso Julio Pérez Fraile.