Día Mundial dos Servizos Públicos 2022


AUMENTAR OS SALARIOS E MELLORAR OS DEREITOS: OBXECTIVOS DA UGT NO DÍA MUNDIAL DOS SERVIZOS PÚBLICOS

Os Servizos Públicos vertebraron e apoiaron ao país en momentos tan delicados como a pandemia que aínda estamos a sufrir. Non obstante, moitos deles presentan graves insuficiencias no seu funcionamento, financiamento e planificación, que lles impide satisfacer correctamente as expectativas e necesidades da cidadanía, xerando, á súa vez, condicións laborais precarias para moitos empregadas e empregados públicos.

 

No Día Mundial dos Servizos Públicos, dende UGT pedimos un chan mínimo de gasto e dereitos vinculados a servizos públicos esenciais que garantan o seu mantemento e extensión independentemente da situación económica, por iso avogamos por un pacto plurianual que permita recuperar poder adquisitivo e mellorar as condicións laborais do persoal empregado público. Os salarios, o emprego, a igualdade e os dereitos teñen que ser elementos esenciais.

 

Consideramos fundamental suprimir a taxa de reposición de efectivos en todos os ámbitos e sectores, fomentar e flexibilizar os concursos de promoción interna e traslados, facer que as Administracións Públicas cumpran coas medidas legalmente establecidas para evitar a xeración de temporalidade e poñer en marcha plans de xestión de recursos humanos para rexuvenecer os modelos.

 

Acadar compromisos de estabilidade laboral, medidas de flexibilidade interna, e contemplar nas cláusulas da Convención Colectiva para converter os contratos temporais e a tempo parcial en contratos indefinidos son algunhas das nosas propostas para mellorar e garantir a calidade do emprego.

 

Tamén defendemos o fomento da xubilación parcial con contrato de relevo, clasificación e carreira profesional baseada na formación e cualificación.

 

Máis dereitos.

É fundamental organizar o tempo de traballo (ampliación de permisos mínimos e excedencias) e aumentar os permisos, vacacións, e facilitar a flexibilización da xornada posibilitando a conciliación da vida laboral e persoal.

 

En materia de vixilancia da saúde laboral debemos consensuar cláusulas que a garantan, en función dos riscos inherentes ás funcións a desempeñar (incluídas as psicosociais), avaliándoas periodicamente.

 

UGT Servizos Públicos impulsaremos nas Administracións Públicas a adaptación da normativa para facer realidade os plans de igualdade e seguiremos negociando para implantar medidas contra o acoso sexual ou de xénero e protocolos contra a violencia de xénero para facer espazos de traballo libres de calquera tipo de discriminación.

 

Captura de pantalla 2022 06 22 144325

 

 

UGT Informa-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.