Sectores

Valorar a voz docente: cara un novo contrato social para a educación

Dende o sector de Ensino de UGT Servizos Públicos, o 5 de outubro celebramos o Día Mundial dos e das Docentes, uníndonos á mobilización global que chama aos gobernos de todo o mundo a valorar a voz do profesorado, investir na profesión e nunha educación pública de calidade.

Coa sobrecarga de traballo, a subestimación dos profesionais e a mala remuneración, cada vez máis docentes están a deixar a profesión que aman e que o mundo precisa. Ao mesmo tempo, son poucas as persoas mozas que aspiran a ser docentes. O resultado é unha escaseza global de máis de 44 millóns de docentes, unha crise que pon en risco o dereito á educación.

No Día Mundial dos e das Docentes destacamos a necesidade de establecer un diálogo social máis sólido co profesorado. As celebracións de 2024 centraranse en «Valorar a voz docente: cara a un novo contrato social para a educación». O tema subliña a urxencia de involucrar ao persoal docente para abordar os desafíos actuais no ámbito educativo pero, o máis importante, para recoñecer e beneficiarse do coñecemento experto e as achegas que brindan á educación. O profesorado está no corazón da educación. Tamén debe estar no corazón da toma de decisións en educación. O goberno e as diferentes administracións educativas deben:

– Escoitar aos docentes e fortalecer o diálogo social coa profesión!

– Investir nos e nas docentes!

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.