Mañá día 11 de xaneiro celebramos o Día internacional da muller e a nena na ciencia.
Esta conmemoración foi proclamada en 2015 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas co fin de lograr un acceso e participación plena e equitativa na ciencia para mulleres e nenas.
Dende FeSP-UGT queremos contribuír a prender na nena o interese pola ciencia que iluminará á futura muller. Para iso, no documento adxunto creado por Aula Intercultural, propoñémosvos unha dinámica.
Tamén se inclúe unha suxestión de lectura para visibilizar os logros dos colectivos máis desfavorecidos entre as propias mulleres. Esperamos que vos sexa de utilidade e convidámosvos a festexar este Día.
Propostas para o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia