Sectores

Denunciamos o parón nos chamamentos para cubrir vacantes


UGT-Servizos Públicos quere denunciar a situación na que se atopan os centros escolares.

Temos coñecemento de que, dende o día 30 de novembro, a Consellería non adxudicou a maioría das vacantes, é dicir,  non se cubren todas as baixas que se van producindo no mes de decembro. Isto vai en contra do que recolle o Acordo subscrito pola Administración e as Organizacións  Sindicais asinantes das que formamos parte.

Non cubrir todas as baixas vai en detrimento dunha atención de calidade ao alumnado por parte do  profesorado que se ve desbordado.

Esta situación require unha resposta urxente por parte da Administración tendo en conta o aumento dos casos Covid nas aulas galegas.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.